Estas son as axudas que o Concello de Carballo outorga ás entidades sociais
07:45 18/12/24
Con algo de premura (están destinadas a accións desenvoltas en 2024), o Concello de Carballo vén de aprobar a serie de axudas, por un total de 65.000 euros ao desenvolvemento de distintos programas de acción social promovidos por entidades sen ánimo de lucro.
O reparto é o seguinte:
- Asociación antidroga Vieiro: 6.764,52 euros para o programa Quéreme ben.
- Cruz Vermella Carballo: 4.500 euros para o Espazo de busca activa de emprego.
- Alcer: 20.50 euros para o programa de promoción da doazón de órganos e o fomento da saúde renal Alcer 7 vidas.
- Fundación Amigos de Galicia: 3.758,07 euros para o plan de cobertura de necesidades básicas das persoas en situación de carencia de recursos económicos con residencia no municipio de Carballo.
- Íntegro: 4.500 euros para darlle visibilidade á diversidade.
- Centro Social San Xoán Bautista: 4.885,49 euros para o programa de formación laboral e apoio e reforzo educativo para a inclusión social, laboral e escolar de nenos, adolescentes, mocidade e adultos de colectivos en situación de risco ou exclusión social.
- APEM: 5.261,29 euros para o programa de intervención familiar en saúde mental Tecendo vínculos.
- Proxecto Home Galicia: 3.000 euros para o programa educativo da entidade.
- Afaber: 6.576,62 euros para o mantemento da asociación.
- Asociación Española de Lucha contra el Cáncer: 3.000 euros para o programa Estar preto de ti.
- Aspaber: 6.764,52 euros para o mantemento da asociación.
- Fundación Érguete-Integración: 3.229 euros para o proxecto Tecendo redes.
- Un paso máis: 5.073,39 euros para o seu programa de actividades.