Venres. 29.03.2024
El tiempo

As obras do novo graderío e ampliación dos vestiarios do campo de fútbol das Eiroas levarán 6 meses

Obras nas Eiroas
Visita municipal para arrincar as obras nas Eiroas
As obras do novo graderío e ampliación dos vestiarios do campo de fútbol das Eiroas levarán 6 meses

En marcha se puxeron hoxe, coa sinatura da acta de comezo, as obras de construción dunha nova zona de gradas e de ampliación e reforma dos vestiarios no Campo das Eiras, en Carballo. Covisam Norte S.L., a adxudicataria dunha hora que ronda o medio millón de euros, ten 6 meses de prazo para finalizar a súa execución.

Aproveitarase para modificar o sistema de produción de auga quente e calefacción trasladando a caldeira actual ao cuarto de instalacións dos vestiarios do campo auxiliar, o que permitirá acondicionar un segundo vestiario de árbitros, necesario cando os equipos arbitrais están compostos por homes e mulleres.

A segunda gran actuación é a construción, no fondo norte, dunha nova grada cuberta con capacidade para 300 espectadores, o que implicará desmontar o peche actual nesa zona, trasladar o vídeo-marcador e demoler a conserxaría. A grada será de formigón con asentos de plástico de cores, predominando o azul e o granate da uniformidade do Bergantiños, principal usuario da instalación.

Ademais, a obra incluirá a urbanización exterior do viario.

Comentarios