Tres traballadores carballeses perden a vida nun accidente en León
Tres homes, traballadores da empresa Pinturas Gis de Carballo (naturais de Carballo e Coristanco), faleceron e outras dúas persoas resultaron feridas na colisión dun camión e unha camioneta, acontecido esta mañá de luns 16 de setembro. Acontecía na N-V á altura do municipio leonés de Carracedelo.
O 112 deu aviso deste accidente á Garda Civil de Tráfico, aos bombeiros de Ponferrada e a Emerxencias Sanitarias - Sacyl, que enviou dúas ambulancias de soporte vital básico, unha UVI móbil, o persoal sanitario do centro de saúde de Cacabelos e un helicóptero medicalizado.
Así, o persoal sanitario que acudiu ao lugar confirmou o falecemento de tres persoas, e atendeu a dous feridos, un foi atendido no lugar e outro foi trasladado ao Hospital de León en helicóptero medicalizado.