Venres. 29.03.2024
El tiempo

Triple feira en Carballo, o centro comercial de Galicia

MercaeDillo e Berocasion en Carballo
Triple feira en Carballo, o centro comercial de Galicia

Esta fin de semana coinciden en Carballo 3 eventos comerciais de primeira. Ademais do feirón dominical, toda unha referencia a nivel comarcal, a capital bergantiñá acolle tamén o MercaeDillo do Centro Comercial Aberto e a Feira do Vehículo de Ocasión, Berocasión, impulsada por Axober.

O MercaeDillo do CCA Carballo chega á súa cuarta edición, e se desenvolverá do xoves 26 ao domingo 29. Participan na actividade 31 comercios dos sectores máis variados: Akira, Dequip, D&A Complementos, Zocas, Moda Suárez, Benetton, Zapatillería Isabel, Atelier, Confecciones San Juan, Comercial Queijo, Style, Cenor Carballo, Retoños, DV Carballo, Jorge Moda, Ekate, Poppy, Calzados Susa, Zapatería Esther, Óptica Enríquez, Teirón, Lencería Mª José, Buy&Sell, A Fragua, Doces Soños, Bambalina, Xoguetería Merliño, Charanga, O barco dos soños, Informática Valem, Teirón.

Sobre Berocasión, este ano os concesionarios partiicipantes serán 13, máis que nunca: Dimolk-Peugeot, Baleato Motor-Renault, Rebalcars, ,Antamotor-Nissan, Corgal Automóviles KIA, Vilas Rama-Citroën, V-Car Hyundai, Juan Lema, Bercauto, Breogán Motor-Toyota, JGCar. Taller Cinco, Garvi Automóviles.
Dende o venres 27 ata o domingo 29, en horario de mañá e tarde, os establecementos abrirán as súas portas para poñer a disposición do público máis de 500 vehículos de km.0, seminovos, industriais, mixtos, nacionais, de importación, de ocasión... con importantes descontos e condicións especiais de financiamento.

Comentarios