Unha intensa semana de contacto humano entre Carballo e Francia
Que intensas son estas semanas de intercambio cultural. A Asociación de Irmanamento de Carballo con L´Isle Jourdain vén de pasar unha fermosa semana en Carballo, ca visita a Carballo de mozos e mozas franceses de entre dez e catorce anos. Unha semana que afondou no contacto humano e os enlaces culturais entre familias.
Houbo tamén un interesante achegamento musical coa presencia de agrupacións, e mesmo o conservatorio de música de Carballo para posibles intercambios nun futuro próximo.
Tras a calurosa despedida o pasado venres pola mañá, o autocar procedente de L´Isle Jourdain chegaba este sábado pola tarde á casa coas maletas repletas de gratos recordos e experiencias inolvidables.
Un irmandamento con historia
Salomé e Mara no momento do seu encontroTodo nacía da Asociación e da súa actividade de “Intercambio lingüístico”, poñendo en contacto a dúas adolescentes de doce anos que puideron coñecerse en persoa grazas a esta viaxe. A familia de Mara Ferreiro Varela acollía a Salomé Picaut durante a súa estancia en Carballo. A nena francesa gozou dunha inmersión total na nosa cultura, puido asistir coa súa correspondente á escola e participar con ela nas distintas actividades que formaban parte do seu día a día. Ámbalas dúas nenas transmitiron que foi unha experiencia marabillosa coa que se materializa unha amizade que agardan vaia medrando ao longo dos anos.
Novas relacionadas
- Medio cento de veciños e veciñas de L’Isle Jordan visitan Carballo no seu 23º aniversario de irmandamento.
- 47 carballeses volven de intercambio a L’Isle Jourdain
- Relevo xeracional no Comité de Irmandamento de Carballo con L´Isle Jourdain
- O III Festival de Variétés encheu de maxia e espectáculo o Pazo da Cultura de Carballo.
- Carballo mantén vivo o seu irmandamento francés tras 21 anos.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])