A Universidade Sénior abre a matriculación para un novo curso na súa sede de Carballo

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha neste ano 2025, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Concello de Carballo, a 3ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de outubro e novembro, no Forum Carballo.
A inscrición será gratuíta e poderá realizarse do 1 e o 12 de outubro, tanto en liña, a través da páxina web https://universidadesenior.org/carballo/, como de maneira presencial no Concello de Carballo.
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
MÓDULO I: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
- 14 de outubro: “A Dirección Artística no Cine”, Profa. Victoria de León Sanjuán
- 15 de outubro: “Literaturas do Mundo: unha viaxe á orixe dos libros”, Profa. Elena Martín Cancela
- 21 de outubro: “A xestión do común: Unha visión desde a economía e os comics”, Prof. Manuel Gómez Suárez
MÓDULO II: CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA
- 28 de outubro: “(Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestion”, Prof. Sergio Rodríguez Roiloa
- 29 de outubro: “ADN Antigo e Evolución Humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes”, Profa. Gloria Mª González Fortes
- 4 de novembro: “Descubrindo a Intelixencia Artificial: retos, aplicacións e ferramentas”, Prof. Álvaro Michelena Grandío
MÓDULO III: CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE
- 11 de novembro: “O cambio climático: causas e consecuencias”. Prof. Salvador Fojón Polanco
- 12 de novembro: “Enfermidades cardiovasculares e Diabetes”, Prof. Luis Saleta Canosa
- 18 de novembro: “Boas Prácticas para o Coidado do Benestar Psicolóxico”, Prof. Carlos Freire Rodríguez
Clausura e xornada cultural na Coruña
O Programa formativo rematará cunha xornada de visitas académicas e culturais na Coruña, onde terá lugar o acto de clausura e entrega de diplomas, o día 26 de novembro de 2025.