Os usuari@s de Aspaber aprenden a evitar as condutas adictivas que poden xerar as Novas Tercnoloxías con Vieiro

A formación será impartida pola profesional de Vieiro Dalila Biscaíño Regueira.

Ten realizado estudos que constatan o uso abusivo das novas tecnoloxías entre os menores. Ten realizado charlas polas escolas para previr esta clae de condutas adictitivas entre a mocidade. Pero a Asociación Vieiro quere seguir traballando para controlar o uso das pantallas na comunidade carballesa.

Neste caso, e co afán de previr o papel das novas tecnoloxías como facilitadoras de acceso ou potenciadoras doutras condutas adictivas, especialmente dos xogos de aposta e o xogo online, a entidade comeza un curso formativo dirixido aos/as profesionais da Asociación Aspaber de Carballo, acto que terá lugar na Brea, nas instalacións desta entidade.

O programa Mar de Redes dará comezo o luns 29 de agosto, e abordará diversos aspectos coa finalidade de dotar de coñecementos básicos aos/as profesionais achega do mundo dixital e as ferramentas tecnolóxicas que máis se utilizan.

Novas re Vieiro

Estudos de Vieiro