A Asociación Vieiro, 30 anos de información, orientación e asesoramiento

O vindeiro mes de setembro a Asociación Vieiro cumpre nada menos que 30 anos. 30 de servizo público, fomentando a información, orientación e asesoramento, educando, concienciando facendo da prevención unha folla de ruta para melloras as condutas aditivas relacionadas co consumo de sustancias ou
Lembra Xosé María Arán aqueles primeiros anos, cando a entidade se convería “nun bálsamo para familias e afectados”. Unha entidade que hoxe segue funcionando, máis ca nunca, con proxectos nas escolas no traballo comunitario, na inserción laboral, no apoio á poboación xuvenil e ás familias das comarcas de Bergantiños, Soneira, Fisterra e Xallas.
Vieiro comezaba en 1991 nun local no Concello de Carballo, pasou moitos anos na Rúa Vázquez Parga (dende o 1998) ata o dramático incendio acontecido o pasado mes de outubro, que provocaba o seu traslado á súa nova sede, aínda provisional no local de A Cristina.
A entidade, que trata arredor das 200 demandas persoais anuais, atende un perfil variado. Pero tamén realiza estudos interesantes sobre o uso do alcohol entre os menores, ou o uso abusivo das novas tecnoloxías entre a mocidade.
Vieiro, que lembra ademais os 26 anos de presidencia de José Manuel Vázquez Gómez, falecido en 2017, invita a contactar coa entidade na sé da Asociación Vieiro sita temporalmente na Rúa Xazmíns, Nº 2, Baixo de Carballo, ou utilizando as seguintes vías: a través do teléfono 981756161, por medio do whasApp 604075815, no correo electrónico: vieiro@vieiro.org, ou na páxina web da entidade vieiro.org.
Accións de Vieiro
- Vieiro tamén fala de sexualidade nas escolas.
- Vieiro leva as emocións d@s amig@s da horta ata ás escolas.
- Vieiro leva o Triángulo da Saúde aos IES carballeses.
- Vieiro conciencia sobre o uso axeitado das redes nos IES de Carballo.
- Aprendendo a identificar as emocións coas amigas da horta
- Vieiro e os coles unen forzas para previr de condutas de adicción en Primaria.
Estudos de Vieiro
- Vieiro ratifica que un 40% de menores probou o alcohol coas sáus familias antes de cumplir 8 anos.
- Home cocainómano de entre 19 e 29 anos, o perfil máis tratado por Vieiro.
- Vieiro constata o uso abusivo das novas tecnoloxías entre os menores.
- Un 40% dos nenos de Carballo probaron o alcohol aos 8 anos… cas súas familias.