Vieiro axuda á mocidade a afrontar o desafío das novas tecnoloxías co Programa "Odisea"
 
          
    10:05 15/02/22 
            O programa “Odisea” está destinado ao alumnado de FP Básica. A Asociación Vieiro está desenvolvéndoo, co financiamento da Deputación Provincial dá Coruña, nos centros educativos de secundaria de Carballo durante o segundo trimestre do curso.
Son nove sesións nas que se traballan habilidades persoais e sociais, a utilización saudable e responsable das novas tecnoloxías e a información sobre as distintas sustancias aditivas.
 
       
       
             
             
             
             
         
           
          