Os usuari@s de Aspaber aprenden a evitar as condutas adictivas que poden xerar as Novas Tercnoloxías con Vieiro

Ten realizado estudos que constatan o uso abusivo das novas tecnoloxías entre os menores. Ten realizado charlas polas escolas para previr esta clae de condutas adictitivas entre a mocidade. Pero a Asociación Vieiro quere seguir traballando para controlar o uso das pantallas na comunidade carballesa.
Neste caso, e co afán de previr o papel das novas tecnoloxías como facilitadoras de acceso ou potenciadoras doutras condutas adictivas, especialmente dos xogos de aposta e o xogo online, a entidade comeza un curso formativo dirixido aos/as profesionais da Asociación Aspaber de Carballo, acto que terá lugar na Brea, nas instalacións desta entidade.
O programa Mar de Redes dará comezo o luns 29 de agosto, e abordará diversos aspectos coa finalidade de dotar de coñecementos básicos aos/as profesionais achega do mundo dixital e as ferramentas tecnolóxicas que máis se utilizan.
Novas re Vieiro
- Vieiro axuda á mocidade a afrontar o desafío das novas tecnoloxías co Programa "Odisea”.
- A Asociación Vieiro, 30 anos de información, orientación e asesoramiento
- Vieiro tamén fala de sexualidade nas escolas.
Estudos de Vieiro
- Vieiro ratifica que un 40% de menores probou o alcohol coas sáus familias antes de cumplir 8 anos.
- Home cocainómano de entre 19 e 29 anos, o perfil máis tratado por Vieiro.
- Vieiro constata o uso abusivo das novas tecnoloxías entre os menores.
- Un 40% dos nenos de Carballo probaron o alcohol aos 8 anos… cas súas familias.