A veciñanza volve participar na vida municipal carballesa a través dos Consellos Parroquiais
07:34 29/04/22
Segue volvendo a normalidade, e en Carballo outra peza que levou a pandemia foi a participación veciñal. Os Consellos Parroquias van retomar a actividade nos mes de maio, unha canle fundamental para a xestión municipal.
Dende 2017, son 16 grupos no que participan 300 veciñ@s de xeito directo (están sempre abertos), e trasladan ao grupo de goberno as necesidades dos seus lugares.
Este ano as sesións celebraranse os martes e os xoves ás 20.00 horas entre os meses de maio, xuño e setembro. O calendario provisional para o mes de maio é o seguinte:
• Día 10, Entrecruces
• Día 12, Rus
• Día 19, Verdillo
• Día 24, Ardaña
• Día 26, Noicela-Rebordelos
• Día 31, Vilela