Sábado. 15.08.2020
El tiempo

O Verán Cultural non lle falla a Carballo

O Verán Cultural non lle falla a Carballo

A pesar de todo, o programa de Verán Cultural a Carballo. Un programa con máis de 20 anos de historia que non ía sucumbir ao coronavirus, e se adapta á realidade. Un programa para desfrutar das noites de verán, centrada na música pero coa presencia doutras disciplinas como as artes escénicas e a consideración de públicos de todas as idades, comprometida co sector cultural galego, con presencia de formacións carballesas, con carácter gratuíto,..

As actividades terán un aforo límite de 200 persoas, sendo 4 dos 5 espectáculos na rúa Jacinto Amigo, un espazo máis delimitado e cuns accesos máis claros que posibilitan o control de espectadores e de posibles aglomeracións. As portas abrirán unha hora antes e o acceso será gratuito ata completar afoto.

O programa comeza o venres 24 de xullo (21:30h na Rúa Jacinto Amigo) co concerto de Silvia Penide, cantautora herculina que coñecimos de preto durante a pandemia.

O venres 31 de xullo (21:30 no Pazo da Cultura) toca maxia co Mago Teto.

O venres 7 de agosto (21:30h na Rúa Jacinto Amigo) será o turno do Concerto de MJ Pérez.

O venres 14 de agosto (21:30h na Rúa Jacinto Amigo) toca Circo con DUELIRIUM, Voadores Circus, para facernos disfrutar de danza vertical, malabares, voo, contorsión...

E para rematar, o venres 21 de agosto (21:30h na Rúa Jacinto Amigo), Concerto co grupo carballés THE Cerne, como tributo a The Creedence Clearwater Revival.

comentarios