Mércores. 25.11.2020
El tiempo

Vieiro xa ten operativa a nova, e temporal, sede

Nova sede da Asociacion Vieiro
Nova sede da Asociacion Vieiro
Vieiro xa ten operativa a nova, e temporal, sede

Non parou a súa actividade a Asociación Vieiro a pesar do incendio intencionado sufrido na súa sede o pasado mes de outubro. O Concello ofreceu unha alternativa que esta semana se conseguía poñer en activo.

Así, a nova oficina (que é temporal) está aberta xa no antigo centro de formación ocupacional na Avenida da Cristina de Carballo (con entrada pola rúa Xazmín, Nº2), compartindo espazo cos servizos de Protección Civil, Policía Local e do Centro de Formación Ocupacional. Houbo moito traballo na posta en marcha da nova oficina. Tamén está operativo o teléfono 981756161 e a web www.vieiro.org.

En todo caso, a entidade espera que se realicen con rapidez as obras para trasladarse ao antigo ambulatorio na praza do Doutor Mariño.

Novas relacionadas

comentarios