A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta vén de informarnos da posta en marcha no mes de setembro de varios cursos e obradoiros dirixidos aos mozos e ás mozas a través do programa Activa. As xornadas desenvolveranse, no que se refire á Costa da Morte, únicamente no concello de Carnota.
Baixo o título Emprégate, estas xornadas procurarán a mellora da empregabilidade da mocidade, achegando as ferramentas axeitadas para atopar un emprego.
Segundo explican dende a Xunta, tratarase de que os participantes acaden unha idea clara do que é o mercado laboral, das oportunidades das que se dispoñen en tempos de crise, o xeito de elaborar un curriculum ou como afrontarse a unha entrevista de traballo. Tamén se pretende que a mocidade descubra o programa Emprende da Dirección Xeral de Xuventude.
Beneficiarios dos cursos
Os destinatarios destas xornadas serán os menores de 30 anos, ademáis de técnicos locais de emprego, animadores e animadoras xuvenís, concelleiros e concelleiras, e asociación. Para máis información hai que dirixirse á web xuventude.net.