Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Atopados catro mozos no Monte Pindo con síntomas de hipotermia

Atopados catro mozos no Monte Pindo con síntomas de hipotermia
Foron catro os mozos que viviron a pasada fin de semana o dobre filo da natureza. Fermosura e perigo poden estar separados por unha delgada liña, e así se puido ver no Monte Pindo a pasada fin de semana. Un grupo de amigos percorría o Monte Pindo o pasado domingo cando se decataron de que estaban perdidos. Os excursionistas non foron quen de desandar o camiño ao abandonar a ruta marcada. Os rapaces pretendían chegar á zona de Penafiel pero ao estar desorientados pediron auxilio. O dispositivo de rescate se alongou durante doce horas. Os mozos foron rescatados pasada a unha da madrugada do domingo ao luns. Xesús López, Xefe da Policía Local de Carnota, afirmou en declaracións ao Telexornal da TVG que foron quen de localizalos “grazas ao flash dunha cámara que tiñan no seu poder os excursionistas. Nós lles puxemos o coche coas sereas e eles viron a luz e acenderon o flash da cámara”. Os rapaces estaban cansos e famentos. Ademáis presentaban síntomas de hipotermia, aínda que non precisaron asistencia sanitaria. Dez casos no que vai de verán Son xa dez persoas as que tiveron que ser auxiliadas neste verán de 2012 no Monte Pindo. Todas resultaron ilesas. Os efectivos de emerxencia recomendan planificar a ruta, non abandonar o camiño marcado, levar teléfono móbil e roupa de abrigo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios