Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Monte Pindo, nun concurso para escoller marabillas naturais

O Monte Pindo, nun concurso para escoller marabillas naturais
O Monte Pindo está a participar nun concurso benéfico para escoller a maravilla natural galega máis aprezada polos internautas de Galicia e Portugal. A actividade está avalada polos medios de comunicación máis importantes de Galicia e o país veciño. O concurso chámase Marabillas Naturais de Galicia 2010 – 2011. Nel participan 72 espazos naturais das catro provincias. A iniciativa pretende recadar fondos para dotar dun fogar a 40 familias necesitadas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Melgaço, Monçao, Vila Nova de Cerveira, Valença, Braga e Viana do Castelo. O concurso fallarase no mes de setembro, nunha gala que se celebrará no PALEXCO de A Coruña. Dende a Asociación Monte Pindo Parque Natural agardan ver galardoado o LIC Carnota - Monte Pindo cun recoñecemento que din, pode ser o preludio da declaración de Parque Natural.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios