Carnota e Cee acollen sendos actos solidarios con Palestina

actos palestina Carnota e Cee

Novas accións esta semana tamén na Costa da Morte en apoio a Palestina, tanto en Cee como en Carnota.

Cacerolada en Carnota

As familias de Carnota volven convocar unha cacerolada poética por Palestina, para dar conta de que a palabra tamén resoa. Como en semanas anteriores, será o mérfcores 17 ás 20:00h na Praza da Pedra carnotá.

Homenaxe aos xornalistas de Gaza en Cee

Paralelamente, o xoves 18 de setembro, ás 18:00h, o Colectivo de apoio a Palestina Costa da Morte, levará a cabo na Praza 8 de Marzo de Cee un Acto homenaxe ás e aos xornalistas asasindas (cerca de 300) en Gaza. No Acto lerase os seus nomes para o que precisamos colaboración. Animamos ás persoas a que se achegan e participen con nós nesta homenaxe”.

Máis novas