sábado. 25.10.2025
El tiempo

Da Costa da Morte tamén saíron Barquiños por Gaza

COAP Costa da Morte por Palestina en Cee
Da Costa da Morte tamén saíron Barquiños por Gaza

Organizaba esta pasada tarde o novo Colectivo apoio a Palestina (COAP Costa da Morte) un acto reivindicativo e informativo na Praza 8 marzo de Cee. Foron moitas as persoas que se achegaron a amosar a súa solidariedade co pobo palestino, e que fixeron tamén o seu “Barquiño por Gaza”.

As mulleres do Colectivo falaron moitas persoas que se achegaban curiosas, explicando a simboloxía dos barquiños en apoio á Global Sumud Flotilla. Explicaron tamén como realizar a folga de consumo dos xoves, convocada a nivel mundial, e que trata de poñer en xaque a todas as organizacións que toman as decisións.

Barquinos por Gaza dende a Costa da Morte-COAP

”A nosa valoración volta ser positiva, reforzándonos no noso xeito de traballar, baixo a bandeira palestina, facéndoa presente na rúa e na sociedade”, reflexionan as mulleres do colectivo.

Mulleres do COAP Costa da Morte por Palestina
Mulleres do COAP Costa da Morte por Palestina

Máis novas

Comentarios