Carnota reafírmase como a alternativa máis divertida da Semana Santa da Costa da Morte

A tradición manda no Víndemo Ver de Carnota- Foto da edición de 2023

Esta Semana Santa temos a Axenda da Costa da Morte repleta. Procesións por Fisterra, Laxe ou Muros, encaixe por Camariñas, barro por Malpica, patrimonio en Zas… pero probablemente a cita máis completa, ociosa e divertida, é a que propón o Concello de Carnota coa XI edición da Mostra de Promoción Local de Carnota-Mercado da Deputación.

Esta feira ambientada a comezos do seculo XX, que este ano ten como fío condutor a pesca da sardiña psdesenvolveráse do xoves 28 ao domingo 31, cunha marea de actividades diversas: feira con artesanía e produtos ecolóxicos e de km.0, probas deportivas, recreacións históricas, eventos culturais como concertos, obradoiros…

Vendo como moe un muíño

O programa é ben completo, con representacións históricas de muiñadas, moita tradición e concertos tremendos como a doble cita do sábado, que aposta pola música da casa que trascende as nosas fronteiras como son o carnotán Xurxo Trillo ou os muradáns The Rapants.

Concertos da Mostra Vindemo Ver Carnota 2023

Aquí podedes ver un resumo do fermosa que foi a celebración o ano pasado:

 

 

Ver aquí o programa da Feira

Máis novas da Semana Santa