Venres. 03.05.2024
El tiempo

A Semana Santa de Fisterra 2024 xa ten cartel e programa litúrxico

Xunta de Confrarias Semana Santa Fisterra 2024
A Semana Santa de Fisterra 2024 xa ten cartel e programa litúrxico

Este domingo, a igrexa parroquial de Santa María das Áreas de Fisterra acollía a presentación do cartel da Semana Santa de Fisterra 2024.

Interviñeron Felipe Castro presidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Fisterra, Áurea Domínguez Sixto alcaldesa de Fisterra e o Padre Britto párroco de Fisterra.  Dende a Xunta de Confrarías quixeron agradecer a toda a xente que colabora e traballa ano tras ano para que "a Semana Santa de Fisterra poda lucir o seu explendor e poda seguir sendo unha das Semana Santa máis importante de Galicia".

"Agora comeza a recta final, o camiño máis duro, pero sabemos que a Semana Santa de Fisterra volverá a crear o ambiente de fe, arraigo e recollemento que a caracteriza", destacan dende a Xunta.

O Cartel

O cartel é unha pintura do Santísimo Cristo de Fisterra, pintado en 1950 por Caamaño e que foi decido por unha veciña de Fisterra para que este ano protagonizara o Cartel da Semana Santa Fisterra.

Cartel Semana Santa Fisterra 2024

O Programa

Programa Semana Santa Fisterra 2024

Máis novas

Comentarios