Venres. 03.05.2024
El tiempo

A Mostra Víndemo Ver, cada ano máis e mellor

Mostra Vindemo Ver Carnota 2023-Ao clareo Ximiela
As mulleres de Ximiela trasladáronnos a comezos do século XX
A Mostra Víndemo Ver, cada ano máis e mellor

Cada ano mellora a Mostra de Promoción Local Víndemo Ver-Mercado da Deputación de Carnota. Neste 10º aniversario, toda a vila coincide en que houbo máis xente que nunca e todas as actividades funcionaron de marabilla. Este ano houbo 3 carpas no canto de 2, e a Mostrea abríu o xoves no canto do venres, como o ano pasado. E a vila notouno.

Os postos, as cantinas, os restaurantes, os hosteis… quedaron máis que contentos de tanto traballar, e ata a pulpeira acabou “rebentadiña” como nos contaba Ali Uhia, unha das organizadoras xunto coas traballadoras municipais María Lago, María Lestón e Lola Pena, satisfeitas ao ver que a xente agradece un evento coma este tras varios meses de traballo. “Tiña que haber varias destas ao longo do ano”, dicíanlle as hostaleiras.

A Praza de San Gregorio, coa carpas dos postos, foi o corazón desta feira que trata de recuperar a esencia dos mercados de comezos do século XX.

Mostra Vindemo Ver Carnota 2023 0

Mostra Vindemo Ver Carnota 2023 4

Mostra Vindemo Ver Carnota 2023 3

Mostra Vindemo Ver Carnota 2023 5

Moita participación nos obradoiros de cestería e sobre todo nos de cerámica, que estiveron cheos, estirando ata entrada a noite e agotando o material. As xincanas para os peques e os xogos populares foron tamén unha fantástica opción para que as familias puidesen encher de divertimento aos seus peques.

Especial interese merecen as actuacións musiqueiras, polas tardes con xentes como as cantareiras de Quilmas, e pola noite convertindo as carpas nun festódromo. Como a liaron os de La Banda de Ayer, facendo bailar a un público “talludito” pero entregadísimo míticos temazos dos 80… Ata as 2:00h non pararon de cantar.
Se cadra houbo algo de menos xente na noite sabatina, pero disfrutouse dunha das que poden ser as últimas actuacións da banda Leilía. Tardaron en pechar a noite, polas gañas de festa do público, os rapaces da Quinquillada, que a liaron ben parda.

Mostra Vindemo Ver Carnota 2023 musica

As probas deportivas

Mostra Vindemo Ver Carnota 2023 btt 1

Se o patrimonio natural é un dos grandes reclamos de Carnota, un evento coma este non podía esquecelo, e o Concello elixe a bici e o sendeirismo como vehículos de promoción. A BTT foi rtodo un éxito de participación, e un compendio de parabéns para a organización polas vistas, a sinalización, os avituallamentos… Moitas familias quedaron a pasar o día na mostra.

O sábado era quenda da Andaina, na que houbo 150 persoas anotadas (houbo que parar nesa cifra). Visitaron eiras, cabazos, muíños… e tiveron fermosas sorpresas como ver as bravas da A.C. Ximiela facendo representacións de como era a vida real naqueles comezos do século pasado. A xente quediou abraiada vendo funcionar un muíño de auga restaurado en pleno funcionamento, moendo millo, mentres as mulleres botaban as cantareas mentres puñan as roupas ao clareo… Un dos grandes momentos que dan sentido a esta festa.

Mostra Vindemo Ver Carnota 2023-Ao clareo Ximiela. 2

Á volta, os camiñantes fixeron parada, cuns roscos carnotáns para facer bocado, e quedaron a comer na zona, puidendo tamén ver pola tarde a actuación tradicional da propia asociación loureá.

Queda pendente convencer á xentiña da vila de que vestirse de comezos do século pasado para que a Mostra luzca máis. Tamén tardou o Muros mira ao Mar en afianzarse agora é unha viaxe no tempo.

Mostra Vindemo Ver Carnota 2023 1

Novas relacionadas

 

Comentarios