Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Muros reivindica a súa Semana Santa

SEMANA SANTA MUROS
Na presentación participaron Caridad González, concelleira de Cultura e Turismo; Luis Martínez e Manuel Lago, da comisión da Semana Santa Muradana, e Daniel Pérez, párroco de Muros,
Muros reivindica a súa Semana Santa

A Semana Santa de Muros quere recuperar o seu tirón etnográfico e co apoio do Concello prepara unha serie de solemnes procesións.

Comezan este venres cunha programación que rematará o domingo 31 coa celebración da tradicional ‘Palomiña’.
Do 22 ao 31 de marzo, a vila acollerá a celebración das procesións e eventos relixiosos. A primeira xornada será este venres, 22 de marzo, coa conmemoración do ‘Venres de Dores’, tras o que chegará o ‘Domingo de Ramos’ o domingo.

Durante a próxima semana, o xoves e o venres, as procesións percorrerán as rúas, culminando coa ‘Vixilia Solemne’ do sábado 30. O fin da programación terá o vindeiro domingo 31 de marzo coa celebración da ‘Palomiña’.

CARTEL SEMANA SANTA Muros 2024

Máis citas da Semana Santa

Comentarios