Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Xur estreará o seu novo tema contra o odio no Festórreo de Lira

Xurxo Trillo presenta o tema Lucas
Xurxo Trillo presenta o tema Lucas
Xur estreará o seu novo tema contra o odio no Festórreo de Lira

Levámoslle seguindo a pista dende que en 2010 acodía ao programa La Voz Kids. O pequeno cantante liracho foi queimando etapas, e despois do seu paso indispensable pola Escola de Música de Carnota, volveu anos despois ao programa de Telecinco, pasou polo Youtube, polo mundo do podcast e sacou, o ano pasado, o seu single de debut como artista en solitario.

Xurxo Trillo, coñecido como Xur volve ás orixes. A pesar de que leva moito tempo vivndo en Madrid, vense a Carnota cada vez que pode, e vai estrenar o seu novo tema aquí, na súa casa, en Lira no FESTÓRREO. Falamos do novo tema “Lucas”, unha canción pop e moi pegadiza contra o odio.

Con este traballo, o cantautor súmase ao movemento de artistas que empregan as súas creacións musicais para facer fronte ao odio. "Tomo como un grito persoal deixar atrás moitas situacións desagradables da miña vida, e como un pulo máis cara á loita pola miña liberdade e a de moitos outros", afirma. “Indirectamente, esta canción reflicte unha sociedade na que tomamos as nosas propias decisións, opinamos sobre as cousas sen deixar que ningún 'Lucas' nos vaia e, por suposto, queremos a quen queremos”, engade.

O sinxelo foi composto integramente polo propio XUR entre as cidades de Madrid e París. A súa produción musical é obra de Leandro Rojo, coñecido polo seu traballo como compositor e produtor de artistas como Camela, Mantra ou David Rees; e programas de televisión como Operación Triunfo, Drag Race, Mask Singer ou Idol Kids. Ademais, o autor de 'Lucas' tomou as rendas da dirección creativa da súa proxecto, contando coa fotógrafa Amanda Medina para dar vida ao colorido e un tanto fantasioso universo que envolve a canción. Asegura que a súa intención era "marcar un claro contraste" entre este e o seu anterior traballo, o disco 'PUÑALES', no que buscaba "unha estética e un son máis escuros”.

O artista ofrecerá un espectáculo o próximo 2 de setembro para celebrar o décimo aniversario do festival de música e gastronomía Festórreo, na localidade coruñesa de Lira, onde compartirá escenario con outros coñecidos grupos do panorama galego como os muradáns The Rapants. XUR asegurou nas súas redes sociais que estaba "ilusionado e con ganas de cantar as miñas cancións na miña Terra”.

Festorreo Lira 2023

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios