As familias de Carnota “celebraron” o enterro do ensino público
- Ester Vázquez: Mobilizámonos.
As familias, vestidas de luto, mesmo algunhas disfrazadas de zombies e demais, levaron o cadaleito da Educación dende o CEIP de Carnota ata o cemiterio de Carnoa.
Unha xornada tan festiva como reivindicativa, dando conta do compromiso de familias e das comunidades educativas de Carnota, O Pindo e Cee para coa loita contra os recortes e por un ensino público de calidade.
Á saída do cole, Loli, en representación da Anpa, leu o manifesto, e xa ao lado do camposanto, realizaron o simpático oficio relixioso, aderezado polas arengas berradas polas criaturas “A educación é un dereito, non un negocio” ou “A educación non se vende”.
Manifesto
Aquí diante do Colexio queremos seguir reivindicando que a educación é un dereito fundamental para os nosos fillos, que non debe ser recortado.
No ano 1974 o gobernador civil de A Coruña, Miguel Vaquer, foi o encargado de inaugurar estas instalacións.
Pasados 50 anos seguimos, é certo, con menos alumnos pero cas mesmas instalacións. Nada cambiou, bueno si, algunha man de pintura. Certo é que a Consellería preparou unha guía de mantemento dos centros educativos “Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica”. Eso estaría ben si estivese ben acondicionado, cousa que non é o caso.
Quítannos Mestres, non hai arranxos están matando o Colexio.
Pedimos:
- O Mestre de infantil que por lei nos corresponde. Si señor Conselleiro, hai recortes na educación porque si o ano pasado tiñamos tres aulas de infantil e catro Mestres, e este ano cas mesmas aulas temos tres Mestres hai recortes. Porque tres é menos que catro.
- Compensación das horas. En total 30 horas de atención do profesorado que non se están a cubrir. Os nenos están as mesmas horas na aula.
Perdéronse:
- Horas de garda. Só hai un profesor.
- Horas para as medidas de atención a diversidade. Regulada pola orden do 8 de setembro do 2021. Vinculadas: Ós desdobres de grupos e E os apoios do profesorado na aula.
- Reparación nas instalación Educativas. 50 anos sin ningún arranxo importante no Edificio. (que sería mais urxente aislamento eficiente das instalación, arranxo do ximnasio…)
Xa ve Señor Conselleiro ao final todo é matemáticas. Exemplo claro da aplicación dos coñecementos adquiridos na vida cotiá. A ver si o problema vai ser, non que quira facer recortes senón que non leva ben as matemáticas.
Oficio relixioso
Queridos irmáns,
Estamos hoxe aquí reunidos para ofrecer o noso amor e apoio neste momento de despedida. Unímonos na tristeza pola partida do Colexio de Carnota, quen deixou unha pegada indeleble nas nosas vidas.
Honramos a tua morte e proclamamos a túa resurrección, ven Señor Román.
Neste momento de despedida, unímonos en oración e reflexión, lembrando a vida do Colexio. Que a súa memoria nos inspire a vivir con amor e fe.
Na nosa tristeza, confiamos na promesa da vida eterna. Que o Señor Román reciba a súa alma e a leve á paz infinita. AMÉN.