Seguemento masivo na folga das familias de Cee e Carnota
- Estér Vázquez Blanco: Tocan tempos de repensar o deteito á educación

Na xornada matutina previa á cacerolada de Cee, as familias do CEIP de Cee e do CEIP de Carnota fixeron malabares para desenvolver unha xornada de folga. A chamada das ANPAS foi respondida de xeito masivo polas familias, que conscientes da situación de extrema vulnerabilidade na que se atopan os centros educativos, uníronse e deixaron as aulas baleiras.
Só 4 de 300 nenxs acodiron ao centro ceense, polo 90% de seguemento da folga no centro carnotán. Todo un éxito dunha comunidade educativa unida e comprometida. As familias, mestres e alumnado queren deixar ben claro que non van tolerar máis recortes. “As aulas están baleiras porque nós, as familias, estamos en loita. Queremos berrar ben alto que en educación non se recorta, e non imos parar ata que se restitúan os recursos que os nosos fillos e fillas merecen”, conclúen dende Cee.
Moitos avós e avoas tiveron que traballar esta mañá, e algún que outro pai e nai tivo que coller o día libre, para, en clave de comunidade, recoller ás crianzas de toda a parroquia e sacañas ao parque durante toda a xornada lectiva.

"A folga de hoxe é só o comezo", aseguran lembrando a cacerolada desta tarde, á que acodirán, como esta mañá, vestidas de luto. “Vestímonos de negro porque estamos a lamentar a perda de profesionais que son fundamentais para a educación dos nosos fillos e fillas. É unha forma de simbolizar que estamos en loita e en loito polos dereitos que nos están a arrebatar”, indican dende a ANPA Uxío.
Nova concentración
Ademais da masiva concentración desta tarde de venres en Cee, as familias de Carnota xa convocaron unha nova concentración para as 17:00h do vindeiro venres 11 de outubro.
