mércores. 13.11.2024
El tiempo

A Costa da Morte, en primeira liña na manifestación nacional contra os recortes no ensino

ANPA CEIP Cee na manifestacion contra os recortes de Compostela
Familias do CEIP Cee na manifestación contra os recortes de Compostela
A Costa da Morte, en primeira liña na manifestación nacional contra os recortes no ensino

Este sábado a praza de Platerías, no corazón de Santiago de Compostela, quedou pequena para a manifestación nacional convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Milleiros de persoas, gamilias, alumnado e docentes, clamaron por un ensino público galego “con futuro, sen recortes, nin propaganda”.

Non faltou a representación da Costa da Morte, con numerosas ANPAS presentes na manifestación. Laxe, Carnota, Coristanco, Corcubión, Cee, A Laracha... foron moitas as comunidades escolares da Costa da Morte que demostraron a súa repulsa á política da Xunta.

Costa da Morte presenta na Concentracion contra os recortes no Ensino de Compostela 2
A Fedanpas provincial.e da Costa da Morte na Alameda

Costa da Morte presenta na Concentracion contra os recortes no Ensino de Compostela

As necesidades de maior profesorado, sobre todo para atender á diversidade, quedaron claramente reflectidas na marcha desta mañá á que terá que dar resposta a Consellaría co reforzo do persoal docente que demandan os centros. Ao remate da mesma, representantes de alumnado, das familias e das docentes leron un manifesto no que citaron algunhas situacións alarmantes ao tempo que pediron a rectificación dos orzamentos da Xunta para o próximo ano e que se incremente o número de docentes totais, cifrado en 30.424, dado que este se mantén inalterábel desde o ano 2022 e segue sen superar a cantidade que había á chegada do PP á Xunta.

Concentracion recortes Compostela Platerias

Concentracion recortes Compostela

Novas protestas

Este luns continúan as protestas en centros como o IES da Ponte do Porto ou o Agra Leborís da Laracha.

Máis novas

 

Comentarios