As familias de Carnota volveron encher a Praza da Pedra de clamor contra os recortes
- A comunidade escolar celebrará o domingo 27 o Día de Defuntos polo “Enterro da Educación"
Nova concentración na Costa da Morte en contra dos recortes da Consellería en materia de ensino público, e a carencia de apoios ás Necesidades Educativas Especiais. O Pindo, Cee, A Laracha ou Laxe xa teñen vivido demostracións sociais do enfado das familias e das comunidades educativas. Este domingo 20 de outubro tocou en Carnota. Por segunda vez, a Praza da Pedra encheuse de arengas en defensa dun sistema de ensino público mdigno.
Co apoio das familias da ANPA do Vila de Cee, que non faltaron a pesar de comprobar esta semana como as súas demandas se viron cumpridas, en parte, compartiron unha tarde de loita social, na que non faltaron ás alusión aos problemas co servizo de pediatría, porque ao fin e ao cabo, falamos tamén dun servizo público roubado á veciñanza.
O manifesto lido por unha nai en representación das familias, Loli, e unha nena de 3° de primaria en representación do alumnado, Tania.
Manifesto de Pais e Nai contra os Recortes no Colexio de Carnota
Nós, os pais e nais do Colexio de Carnota, Seguimos loitando e queremos expresar a nosa preocupación e indignación polos recortes que están afectando aos nosos fillos e á escola.
Non estamos só a defender un colexio; estamos a loitar polo futuro dos nosos nenos, que merecen unha educación de calidade. Os recortes no profesorado están a prexudicar non só as clases, senón que tamén rompen a conexión coas nosas mestres e mestres, que son fundamentais para o seu aprendizaxe.
Demandamos:
- Restauración do profesor de infantil: É imprescindible que ese docente e que haxa recursos suficientes para que a educación sexa enriquecedora e divertida.
- Compensar as horas perdidas: Exiximos que se recuperen as horas de ensino que se perderon, garantindo así a atención e o apoio necesarios para todos os alumnos.
- Atención para todos: Cada neno merece ser escoitado e apoiado. Sen suficientes profesionais, isto non é posible e os nosos fillos acaban sufrindo.
- Unha aposta clara pola educación pública: Non queremos máis recortes que prexudican a nosa escola. A educación é un dereito e debe ser prioritaria.
- Estamos aquí para seguir loitando xuntos. Polos nosos fillos, pola súa educación e por un futuro mellor, non imos quedar en silencio!
Defendamos xuntos o Colexio de Carnota!
Enterro da Educación”
A cousa non para aquí, e o vindeiro domingo 27 de outubro preparan un Samaín moi especial, cunha quedada para celebrar o "Enterro da Educación”. As famillias farán de zombies e demais, e van levar o cadaleito dende o cole ata o cemiterio de Carnota, para o que piden a colaboración de toda a comarca.
Máis novas dos recortes
Artigos relacionados
- Ester Vázquez Blanco: Que está acontecendo nos Centros Educativos?
- Ester Vázquez Blanco: Moldeando o futuro
- Ester Vázquez Blanco: Tocan tempos de repensar o deteito á educación