Fotodenuncia: Lixo no Monte Pindo

Precisamente esta fin de semana a Asociación Monte Pindo Parque Natural prantexa un roteiro de limpeza. Se cadra consideran que é necesario trala última subida ao cumio cando varios dos integrantes da expedición costeira-herculina se atoparon con estes regalos.

Xa ollamos o problema coas pintadas e máis concretamente co ataque á excomuñón de Penafiel, pero estes vertedoiros incontrolados na mesma falda do Olimpo Celta tamén dan conta da falta de sentido común dalgún veciño da zona.

Novas relacionadas

Máis Fotodenuncias

Podes enviarnos a túa fotodenuncia a info@quepasanacosta.gal ou a través do noso Facebook.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).