Venres. 26.04.2024
El tiempo

Monte Pindo Parque Natural propón unha ruta de limpeza e desbroce para esta fin de semana

Monte Pindo Parque Natural propón unha ruta de limpeza e desbroce para esta fin de semana

"Pasea e desbroza, unha nova modalidade deportiva", como apunta Manuel Gago. Así é a proposta que ofrece a Asociación Monte Pindo Parque Natural para esta fin de semana. O sábado 15 de outubro, armados con fouciño (ou outro enser para o desbroce) e luvas, os que queiran participar poderán facer que o Olimpo Celta quede máis limpo.

A proposta chega no marco do novo proxecto de voluntariado da Asociación Monte Pindo, e servirá para recuperar o camiño desde Chan das Lamas a San Cibrán, que na actualidade é díficil de transitar, a pesar ser dos de maior interese natural do Monte Pindo.

O roteiro comezará en Caldebarcos ás 10:00 h, desde onde subiremos en coches ata o Chan das Lamas. Ese será o punto de partida do roteiro en si, que en primeiro lugar levaranos ata Os Aguillóns, unha serie de penedos moi característicos da ladeira sur do Monte Pindo, co seu característico moainatural coñecido tradicionalmente como Outeiro do Nariz. Desde alí descenderase polo Rego Bravo, visitando os restos das antigas explotacións mineiras de wolframio, ata chegar á abandonada aldea de San Cibrán (hoxe parcialmente convertida en aldea de turismo rural).

A saída será, o sábado 15 de outubro, ás 10:00h dende a estrada xeral AC-550 ao seu paso por Caldebarcos (entre os restaurantes O Feitizo e Casa da Crega) Durante o roteiro irase limpando o camiño e despois o xantar será na Braña dos Aguillóns.

Máis información ou inscrición

Podes confirmar a túa asistencia en Facebook Monte Pindo Parque Natural, escribindo a [email protected] ou chamando ao 651 376 769.

Novas relacionadas

Outras novas de interese

Máis novas

Fonte

Comentarios