Descobren un terceiro castelo no Monte Pindo formando unha gran fortaleza amurallada


Continúan descifrando a historia do Olimpo Celta os traballos da Asociación Monte Pindo Parque Natural. Esta pasada fin de semana, xunto cunha serie de expertos realizaron sendas expedicións que seguen dando os seus froitos mediante importantes descubrimentos. Un deles é o recentemente entrevistado nesta casa Manuel Gago, que vén de facer un extenso traballo de recuperación histórica dende "o corazón do Xigante".
Zona amurallada

Logo dunha serie de prospeccións visuais a pé de campo, semella claro que a Laxe da Moa foi nos séculos V ou VI un recinto severamente fortificado con murallas de mamposteria moi robustas con fina feitura exterior, que o destrozo dos últimos séculos deixou reduciu oa pouco menos que a amoreamentos de pedras aliñados, aínda que se conserva en moi bo estado en certos puntos.
A finalidade desta muralla parece claramente defensiva, e a época da construción, en plenas invasións suevas, asi o confirman pois este puido ser un dos "lugares seguros" onde os nosos ancestros se refuxiarían masivamente en caso de complicacións ou guerras.
Terceiro castelo
Volvendo ao plano estrictamente riguroso e científico, Manuel Gago ten ben documentados e descritos os anacos de muralla que levamos atopados, pero tamén anunciou un descubrimento verdadeiramente revolucionario que a el e os seus compañeiros de andaina corresponde todo o mérito: apareceu un terceiro castelo no Monte Pindo, nunca antes documentado, que se sumaría aos xa descritos de Penafiel e San Xurxo. Este castelo, ao igual que os demais, atópase fóra das murallas do Monte Pindo, e cada un defende cadanseu acceso á Laxe da Moa. Convidámosvos a mergullar neste profuso e fascinante resumo das pesquisas de Manuel Gago, que se divide en tres capítulos: I, II e III.
Máis información
- Manuel Gago: No corazón do xigante (e III): a Terceira Fortaleza do Pindo.
- Manuel Gago: No corazón do xigante (II): Castelos cardinais.
- Manuel Gago: No corazón do Xigante (I): a Casa da Xoana.
Artigos relacionados
- Fran Hermida Sen xeito: Monte Pindo.
- Artigo de Mario Maceiras, secretario da Asociación Monte Pindo Parque Natural: Berro seco na defensa do Monte Pindo.
Novas relacionadas
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas”.
- Atacan con pintura a excomuñón de Penafiel no corazón do Monte Pindo.
- Fotodenuncia: Pintadas no Monte Pindo.
- Recuperando a historia da Ermida do Monte Pindo.
- A bitácora da semana (CXXXIII): Laberinto Atlántico.
- III Encontro Monte Pindo: O Monte Pindo disfrutou dun Encontro con historia, música, gastronomía e deporte.
- O agora e o antes do piñeiral da Moa .
Máis novas
- O Monte Pindo de Galicia e os grabados rupestres prehistóricos, por José Luis Galovart Carrera.
- Coñecendo as lendas históricas do Monte Pindo, por Jose Luis Galovart Carrera.
Fonte
- Asociación Monte Pindo Parque Natural: O Monte Pindo foi unha gran fortaliza.