Limpocean artella unha xornada de limpeza na praia de Carnota

O simbólico peixe come-lixo de Carnota

Chega o colectivo Limpocean á Costa da Morte. E faino artellando unha xornada de limpeza da praia de Carnota. En colaboración con Leti González e o Concello carnotán, preparan esta xornada medioambiental.

A cita será o sábado 20 de marzo ás 10:45h, con quedada no aparcamento. Xa podes apuntarte en eventos@limpocean.com.

 

 

NOVAS RELACIONADAS