Martes. 27.10.2020
El tiempo

A veciñanza de Camelle mantén limpo o legado do Man

Familia de voluntarios da Asociación de Veciños de Camelle e Mar de Fábula tras limpar o Museo-Xardín de Man
Familia de voluntarios da Asociación de Veciños de Camelle e Mar de Fábula tras limpar o Museo-Xardín de Man
A veciñanza de Camelle mantén limpo o legado do Man

Este domingo, 20 [email protected] e 10 [email protected] de xeito voluntario acodiron á chamada da Asociación de Veciños de Camelle e Mar de Fábula, para limpar o coído do Museo-Xardín de Man. Durante dúas de traballo, apañaron un importante volume de lixo mariño espallado polas rochas, unha alta porcentaxe foi lixo plástico miudo e anaquiños de espumas sintéticas agochados á entrada do recinto.

Ao remate da mañá, a sensación dos participantes era de satisfación polo traballo feito de limpeza e conservación neste museo xardin construído ao longo de moitos anos por un home fóra do común e que hoxe vaise desfacendo pola acción da intemperie, os embates do mar e o desleixo dos homes.

A cita tamén serviu de acicate na conciencia, e a veciñanza aproveita para solicitar ás administraccións competentes “a reconstrucción deste museo-xardin para manter a vixencia dos valores transmitidos polo seu creador, fortaleza espiritual e unión coa natureza, valores máis importantes que nunca nestos tempos de desacougo nos que está a vivir a humanidade”.

 

Novas relacionadas

comentarios