Luns. 16.09.2019
El tiempo

A Costa da Morte foi a zona con máis conciencia na Limpeza Simultánea de Praias

A Costa da Morte foi a zona con máis conciencia na Limpeza Simultánea de Praias
Limpeza Simultanea de Praias na Costa da Morte 2015-Adega

Dos 4.000 kg recollidos en toda Galicia co gallo da 4ª Limpeza Simultánea de Praias organizada por ADEGA, mais de 1200 foron das praias da Costa da Morte. Dos 500 voluntarios, case a metade eran veciños da Costa da Morte. 9 das 30 praias eran costeiras. Cifras que demostran que a veciñanza da bisbarra está máis que conciendade co seu patrimonio natural, e queren coidar o seu tesouro máis grande.

De bo éxito, en todo caso, cómpre calificar a resposta en toda Galicia desta sesión de voluntariado celebrando o Día dos Océanos (8 de xuño). Os pasados días 5, 6, 7 e 8 de xuño, e cun tempo espectacular, centros de ensino, surfeiros, ONG ecoloxistas, asociacións culturais, asociacións de mulleres rurais e até mariscadoras arrimaron o hombreiro para facer a laboura que debería facer as asociacións: limpar as praias. Pero en todo caso, con estas accións tamén cumplen co segundo obxectivo desta campaña: crear conciencia.

Segundo ADEGA, a maioría de orixe plástico. Pero había tamén cordas de todo tipo, aparellos de pesca, caixas, botellas, tapóns, e ata un colchón. Houbo limpezas que aumentaron o número de voluntarios cando os propios bañistas se uniron á actividade, como en Fisterra.
E incluso houbo limpezas en barco, a limpeza organizada na ría de Vigo pola CEMMA recolleu 1 residuos cada 280 metros navegados, un dato alarmante no que se refire ao lixo mariño.
O lixo mariño é un dos graves problemas ambientais do planeta, as principais causas son: a insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións...), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en terra.

Datos da Limpeza de Praias na Costa da Morte

CONCELLO COLECTIVOPRAIAVoluntarios kg
CarballoSenda Nova e Concello de CarballoAs Saíñas11220
CarnotaRaínha Lupa; Plataf. de Quilmas e ADEGA CdMCorna Becerra13200
FisterraIES Fin do CamiñoLangosteiraAdiada-
FisterraVoluntariado e VeciñanzaPraia de Talón23300
LaxeIES Maximino Romero de LemaSoesto27100
LaxeContramínate co Concello de Laxe e C.P.I. Cabo de AreaPraia de Laxe20200
MalpicaSurf and CleanAviño330
MurosConcello Muros e EEI MurosPraia O Castelo3540
MurosConcello de Muros e CEIP LouroPraia S. Francisco5060
MuxíaPrograma de Voluntariado municipalPraia dos Muíños5150
Limpeza da Praia de Talon 2015 Limpeza CARBALLO - As Sainas-Senda Nova e Concello de Carballo Limpeza da Praia san Francisco polos nenos do CEIP Louro e Concello de Muros Limpeza MUROS - Praia do Castelo - EEI Muros e Concello de Muros Limpeza da Praia de Laxe con Contramínate Limpeza MUXIA - Praia dos Muinos 2015 Limpeza do IES Maximino Romero de Lema na Praia de Soesto- Laxe 2015

Cada día

ADEGA quere subliñar que as limpezas de praias non debe ser un feito illado, e convida a calquera persoa a recoller o lixo do noso litoral sempre que poida. As limpezas de praias deben facerse de xeito manual, respectando os ecosistemas dunares, e tendo especial coidado coa fauna e flora que nelas habita. O obxectivo principal deste tipo de actuacións é crear conciencia e alertar da cantidade de plástico que producimos e tiramos, e as consecuencias que isto ten.

Outra Limpeza en Lires

Paralelamente, non dentro desta convocatoria de ADEGA, a xente de Pedras Miúdas de Cee artella para o domingo 14 de xuño unha Limpeza da súa praia.

Limpeza Praia de Lires 2015

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios