Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Lois Agulleiro, o pequeno artista en Canedo

Lois Agulleiro, o pequeno artista en Canedo
Lois Agulleiro na Mostra Vindemor Ver de Carnota Lois Agulleiro cos seus cadros na Mostra Vindemo Ver de Carnota

Hai moitos artistas na Costa da Morte. Pero o caso deste artista de Canedo (Carnota), é singular. I é que falamos dun rapaz de apenas 15 anos, que derrocha arte, talento, vocación, habilidade, mestría… Porque as palabras discapacidade ou minusvalía son só iso, palabras, que non significan nada para este valiente mozo que medra e medra no seo dunha loitadora familia costeira.

Lois non fala con palabras nin se despraza coas pernas. Fala cunha mirada que che hipnotiza totalmente e cun sorriso cheo de agradecemento.

Lois Agulleiro ademais axuda a ser mellor persoas aos que lle rodean. Leva toda a súa escolarización na escola de Carnota. Gracias a el o profesorado do centro puido entender outras formas de ensinar e os compañeiros e compañeiras que o foron acompañando puideron entender o xeito en que a diversidade enriquece.

Hai uns anos o profesorado de Lois descubríu a súa faceta artística. A aula específica do CEIP de Carnota convertiuse nun auténtico taller de arte e sensacións.Cos anos a técnica foi evolucionando. Lois disfruta pintando coas mans, golpeando con ritmo as mans contra o lenzo, empapando os seus dedos coas frías acuarelas, rasgando, ou pintando con pinceis adaptados que as profes inventaron especificamente para el.

Lois ademais é quen de autoxestionarse para continuar creando.

Exposicions e venda

Cadros de Lois Agulleiro Cadros de Lois Agulleiro

Lois ten exposto a súa obra no Concello de Carnota e xa demostrou na pasada feira de artesanía "Víndemo ver" que os seus cadros se venden de marabilla, quedando máis que demostrada a gran calidade e estética das súas obras. Durante este curso a produción foi moi fructífera. Despois de poñerlle título ás súas obras nas diferentes aulas os lenzos e láminas están expostos no corredor da escola con opción á compra por parte das familias e profesorado, ou de calquera interesado.

O curso que vén Lois continuará a súa andaina artística no IES Lamas de Castelo, e no CEIP de Carnota sempre quedará o bonito recordo de Lois Agulleiro, o artista que aprendeu a voar sin ás.

triptico_lois agulleiro

Fonte

Comentarios