Xoves. 16.05.2024
El tiempo

3ª Galicia: O Corcubión rompe a imbatibilidade do Xallas e se pon de favorito para o ascenso

  • 4 equipos afrontan en tan só 2 puntos a loita pola 6ª praza a falta de dúas xornadas
UD Corcubion celebrando a vitoria ao Xallas
UD Corcubion celebrando a vitoria ao Xallas
3ª Galicia: O Corcubión rompe a imbatibilidade do Xallas e se pon de favorito para o ascenso

Como queda a cousa con dúas xornadas só por diante! Na loita pola segunda praza de ascenso ferve. O Soneira perdía o tren en Lombáns, quedando agora o Sofán B con 3 puntos, pero un partido máis, sobre un Corcubión que se convirte no gran favorito ao romper a imbatibilidade do Xallas. os corcubioneses, se vencen a Pereiriña en casa e ao Sporting Zas en San Andrés serían equipo da Liga da Costa, mentres que o Sofán ten que gañar en Pedra Queimada a vindeira fin de semana e esperar o tropezo corcubionés.

Na loita pola promoción está aínda máis quente. 4 equipos están en só 2 puntos de diferencia aspirando a ocupar a 6ª praza: Cerqueda e Lira (ollo a este Lira que revive despois da perda dun punto por aliñación indebida e foi quen de gañar a todo un Soneira) teñen 40 puntos, mentres que Zas e Malpica (os malpicáns non puideron pasar do empate ante o potente Oza).

Non hai choques directos a semana que vén se ben hau un Cerqueda-Malpica na última xornada.

Cómpre lembrar ademais que haberá dous ascensos na Promoción. Os dous equipos que pasen a primeira eliminatoria a doble partido serán equipos da Liga da Costa.

Corcubión - Xallas (3-2)

  • Corcubión: Bruno, Martín, Fuentes, Antu, Isaac, Gorka, Alán, Goche, Nando, Lema e César. Tamén Rama, Díaz e Mario.
  • Xallas: Iván Couto, Joel, Iván García, Ramón, Adrián Couto, Steven, Adrián López, Doro, Rubén Sande, Rubén Blanco, Sergio Barbeira.
  • Goles: 0-1, m.43: Doro de volea tras unha cesión de Adrián Couto; 1-1, m.64: Rama; 2-1, m.83: Iago Lema; 2-2, m.92: Peke de falta pola escuadra; 3-1, m.95: Juan Fuentes un golazo á reviravolta.

Un auténtico partidazo o vivido o domingo no Novo Cubeleiro cun Corcubión que sabían o tropezo do Soneira e que dependían de si mesmos para seguir aspirando ao ascenso directo. En fronte, un Xallas que quería rematar a tempada imbatido. O partido na primeira metade foi moi tenso, sin apenas ocasións e cos dous equipos sin arriscar para non cometer erros. Serían os visitantes os que se poñerían por diante antes do descanso por medio de Doro nun rexeite tras un balón parado.

Xa na segunda metade, os locales subiron líñas para ir polo partido, pero nese comezo o Xallas tivo un par de mans a mans claros para ampliar a renda. O partido estaba roto, e nunha desas transicións César aproveitaría unha mala saída do porteiro visitante para servir a Rama que faría o empate.

O final do partido foi de infarto. Lema conseguía poñer por diante aos locais a falta de menos de 10 minutos para o final. Xa no desconto, o Xallas empataría cun gol de falta desde a frontal e cando o partido semellaba rematar en empate, un Fuentes reconvertido a dianteiro pescou un balón solto a altura da portería de fútbol 7 para batir ó porteiro do Xallas que estaba adiantado e desatar a locura no campo.

Sofán B - Buño (9-2)

  • Sofán B: Mario, Marcial, Raúl, Iván, Dani Calvete, Villajos, Borja Viaño, Mario Vila, Ba, Nachete e Adrián Vázquez. Tamén: Manuel Castro, Ceide, Nacho Eirís, Brais Calvo e Manu Cancela.
  • Buño: Fran Souto, Elías, Alan, Jorge Calvete, Miguel Dourado, Breo, Andrés, Brais, Jesús, Hugo. Tamén: Fran.
  • Goles Mario Vila (2), Saydo (3), Dani Calvete, Iván, Andrés e Manu Castro para o Sofán B. Breo e Brais Fraga para os oleiros.

Moi serios os carballeses, conscientes da remontada sufrida a semana pasada. Dominaron dende o comezo ante un Buño moi mermado de efectivos, rompendo o partido no ecuador da primeira metade. Mario Vila e Saydo, os máis incisivos, adiantaban aos locals. Breo recurtaba cun golazo dende fóra, pero na segunda tamén dominaron os carballeses.

Oza - Malpica (2-2)

  • Oza: Brais, Moreno (Dani), Isasc, Kuki (Nico), Raúl, Alex Freire, Iago Lavandeira, Archi (Hugo), Nacho (Aron) Pose, Edu (Diego) e Abib.
  • Malpica: Nacho, Jorge Parga, Fran Pombo, Diego, Samuel, Arcay, Cristian, Alberto Hombre, Aday, Chicha e Ibra. Tamén: Lamas, Lou, Aitor, Miguel e Moussa.
  • Goles: 1-0, m.3: Nacho marca un golazo; 1-1, m.14: Chicha; 2-1, m.51: Abib; 2-2, m.60: Ibra.

Partido moi tenso, con moitas faltas e tarxetas (se cadra demasiadas para o visto no choque), que non tivo un gran ritmo. Adiantábase pronto o cadro local pero Chicha empataba para un cadro malpicán onde dominaban Jorge Parga e Diego García. Comezaba a segunda metade co tanto de Abib para un Oza que quedaba con 10 pola expulsión de Isaac por unhas mans. Pero de contado, Alberto Hombre sufría a segunda amarela e deixaba tamén con 10 aos malpicáns. Ibra volvía empatar rematando o partido que puido caer dos dous lados.

O resultado pode considerarse xusto.

Nantón - Pereiriña (0-6)

Atletico Pereirina nas Fontinas
Atletico Pereiriña nas Fontiñas
  • Goles: 0-1, m.15: Miguel; 0-2, m.27: Antón Lestón de penalti sobre Brais; 0-3, m.75: Fabián; 0-4, m.77: Miguel; 0-5, m.78: Martín; 0-6, m.85: Martín.

Fixo unha boa primeira metade o Nantón, tendo boas ocasións, pero cedendo un par de erros que aproveitaron os ceenses. O segundo, un penalti ao que os locais pedían falta previa en ataque. Esa xogada desquiciou aos cabaneses que perderon a concentración e se deixaron levar na segunda ante un Pereiriña moi superior, interpretando ben os espazos que deixaría Nantón, de xeito que foron chegando os goles de Fabián, outra vez Miguel e dous máis de Martín.

Lira - Soneira (2-1)

  • Lira: Raúl, Isaac, César, Roberto Amoedo, Ángel Vigo, Golpes, Marcos, Juan, Miguel, Pablo Leis e Oli. Tamén: Cartamil, Alexis, Aron, Christian e Ramón.
  • Soneira: Martín, Lema, Senra, Lavandeira, Oreiro, Héctor, Brais, Richi, Iago, Vía e Yuyo. Tamén: Dono, Álvaro, Dani Costa, Adrián Sendón e David.
  • Goles: 1-0, m.17: Oli; 2-0, m.51: Pablo Leis; 2-1, m.84: Vía de penalti.

Partidazo tenso en Lombáns, vivo ata o final, no que o Lira formulaba esperando atrás e buscando o erro na saída do balón dos vimianceses. Así chegaba o tanto inicial de Oli ao cuarto de hora, pouco despois de que Amoedo avisara cunha falta ao longueiro. O Soneira dominaba pero non creaba perigo ante un serio cadro liracho, malia que si pediron un penalti sobre Vía, que tamén tivo un bo tiro dende fóra. O Lira, buscaba o segundo a balón parado.

Non cambiou o guión no segundo, pero si que o Soneira deu un paso adiante. E cando mellor estaba, un balón longo de Raúl, Pablo Leis fai o segundo. Intentouno o Soneira, pelexando como podía ante a tea de araña local. Recurtaba cun penalti que protestaron os locais de Cartamil sobre Vía, e nos últimos minutos empurraron pero sen grandes ocasións. Escapóuselle así o tren do ascenso directo ao cadro soneirán.

Cerqueda - Laxe (9-0)

Familia do UD Cerqueda cos Infantis
Familia do UD Cerqueda cos Infantís, que quedaron campións do seu grupo
  • Goles: Suso (2), Joel (2), Iván, Sergio, Eloy, Julián e Dani.

Partido sen moita historia, cun Laxe con só 11 xogadores e 1 deles un porteiro de dianteiro, e varios lesionados… Con todo, partido deportivo.

Seaia - Zas (2-4)

 Sporting Seaia-Zas-Foto-Noe Tourinan2
Foto-Noe Touriñán
  • Seaia: Anxo, Abde, Samu Costa, Jose Suárez, Martín Costa, Juni, Joel, Sergio, Diego, Luisma e Charro. Tamén: Camilo, Pablo e Sergio Bastón.
  • Zas: Pereiras, Anxo, Andrés, Juan Touriñán, Rubén Forján, Darío, Álvaro, Javi Suárez, Dani Mato, Ronny e Brais. Tamén: Solís, Eloy Moreira, Adri Rama, Raúl Corzón e Estefan.
  • Goles: 0-1, m.1: Javi Suárez; 0-2, m.5: Dani Mato; 1-2, m.8: Luisma; 2-2, m.44: Luisma; 2-3, m.72: Raúl Corzón; 2-4,m .85: Javi Suárez.
Sporting Seaia-Zas-Foto-Noe Tourinan 3
Foto-Noe Touriñán

Partido no que o Zas saiu moi enchufado dende o inicio e xa anotaba a traves de Javi Suárez despois dun centro e un bo remate de cabeza a escasos minutos do inicio e que atopaba outro auténtico golazo de Dani Mato de chilena que poñía moi de cara o encontro para Zas cun 0-2 e ca sensación de que non quedaría ahí o encontro. Pero un penalti tremendamente discutido polos visitantes metía ao Seaia nun partido que de pronto se igualaba. O Seaia veu a máis e se ben Javi Suárez tivo o terceiro, ao fío do descanso o Seaia empataba nunha contra.

Tralo paso por vestiarios, o choque empezaba con dominio alterno pero se notou quen se xogaban ,áis, e os de Forján e Pereiro imprimiron outro ritmo alto de xogo e coa saída de Raúl Corzón e Adrián Rama o equipo colleu mais folgos e empezaron a chegar de novo as ocasións na portería do Seaia e o propio Raúl marcaba con outra chilena que despois de unha contra. O Seaia tivo de novo o empate nunha falta de Charro que enviou ao longueiro pero chegaba a sentenza cunha contra de Javi Suárez.

Sporting Seaia-Zas-Foto-Noe Tourinan
Javi Suárez no Sporting Seaia-Zas-Foto-Noe Touriñán

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios