Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Investigan unha granxa de Vimianzo por un presunto delito de vertedura continuada no río

Garda Civil Seprona recurso rio vimianzo
Investigan unha granxa de Vimianzo por un presunto delito de vertedura continuada no río

O Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil con sede en Corcubión, investigou aos propietarios dunha explotación de Vimianzo, por un presunto delito de vertedura continuada de auga dos silos da explotación.

A investigación iniciouse por un aviso recibido o 10 de marzo de 2024 por membros do Posto de Seguridade Cidadá de Vimianzo, que alertaron dunha posible vertedura nun monte próximo á localidade durante unha vixilancia rutineira.

Tras abrir unha investigación, os axentes lograron determinar a orixe da vertedura, que procedía dunha explotación gandeira situada en Vimianzo.

O pasado 19 de marzo realizouse unha inspección na explotación e tomáronse mostras da auga, que foron remitidas ao Laboratorio de Medio Ambiente da Xunta de Galicia na Coruña para a súa análise.

Os resultados das análises revelaron niveis de contaminación alarmantemente elevados, chegando ata 20 veces máis ao permitido nalgúns parámetros.

Por estes feitos, o SEPRONA procedeu á investigación dos dous propietarios da explotación gandeira, ambos veciños de Vimianzo. Impútaselles un presunto delito tipificado na Lei orgánica 10/1995, referido a delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente.

Comentarios