Máis de 200 persoas coñeceron mellor os sendeiros do Monte Pindo

Espectacular é un exército de máis de 200 persoas tomando o Monte Pindo. I é que a convocatoria da Asociación Monte Pindo Parque Natural deste Roteiro circular "Para non perderse" foi excelente, e ademais, o tempo permitiu percorrer os 12 quilómetros só coa preocupación de disfrutar da natureza.

Veciños de Carnota, da zona, e tamén de toda Galicia formaban unha interminable ringleira de sendeiristas ben curiosa,. Todos con gañas de escoitar as historias dun guía de excepción, como era Pepe do Fieiro, e máis de Xilberto Caamaño, presidente da entidade, que foron debullando os misterios que aquí habitan as pedras e os camiños, o Campo dos Coellos, as murallas...

A foto da viaxe, por suposto, sempre é no alto da Moa, a 627 metros de altura, e iso que o vento zoaba ben forte. Pero unha das visitas máis espectaculares, ademais da capela do Campo de Costes, é a Cova da Casa Xoana, chea de meigas e meigallos. O treito final enfoca a Peñafiel, para comprobar os restos medievais, e para escoitar, de xeito espontáneo, o berro que todos esperaban: Monte Pindo Parque Natural!!!

A baixada cara o Fieiro, ao punto de partida, cumpridos, sobradamente os obxectivos que se marcara a asociación organizadora: ofrecer unha visita e unha xornada agradable e interesante, e fomentar o coñecemento en detalle dos camiños do Olimpo Celta para eviar extravíos como os acontecidos o pasado agosto.

A ver cando chega a seguinte!!

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte