Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Máis de 200 persoas coñeceron mellor os sendeiros do Monte Pindo

Máis de 200 persoas coñeceron mellor os sendeiros do Monte Pindo
Un interminable rigleira de sendeiristas tomando o Monte Pindo- Foto- David Trillo

Espectacular é un exército de máis de 200 persoas tomando o Monte Pindo. I é que a convocatoria da Asociación Monte Pindo Parque Natural deste Roteiro circular "Para non perderse" foi excelente, e ademais, o tempo permitiu percorrer os 12 quilómetros só coa preocupación de disfrutar da natureza.

Veciños de Carnota, da zona, e tamén de toda Galicia formaban unha interminable ringleira de sendeiristas ben curiosa,. Todos con gañas de escoitar as historias dun guía de excepción, como era Pepe do Fieiro, e máis de Xilberto Caamaño, presidente da entidade, que foron debullando os misterios que aquí habitan as pedras e os camiños, o Campo dos Coellos, as murallas...

Pepe do Fieiro foi un excelente guia no Roteiro polo Monte Pindo-Foto- David Trillo 200 persoas no Roteiro circular do Monte Pindo-Foto- David Trillo

A foto da viaxe, por suposto, sempre é no alto da Moa, a 627 metros de altura, e iso que o vento zoaba ben forte. Pero unha das visitas máis espectaculares, ademais da capela do Campo de Costes, é a Cova da Casa Xoana, chea de meigas e meigallos. O treito final enfoca a Peñafiel, para comprobar os restos medievais, e para escoitar, de xeito espontáneo, o berro que todos esperaban: Monte Pindo Parque Natural!!!

A visita a Cova da Xoana e das mais espectaculares no Monte Pindo-Foto- David Trillo

A baixada cara o Fieiro, ao punto de partida, cumpridos, sobradamente os obxectivos que se marcara a asociación organizadora: ofrecer unha visita e unha xornada agradable e interesante, e fomentar o coñecemento en detalle dos camiños do Olimpo Celta para eviar extravíos como os acontecidos o pasado agosto.

A ver cando chega a seguinte!!

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios