O mar volveu entrar nas aulas na Costa da Morte

Un total de 380 alumnos e alumnas participaron este ano no programa “O Mar na Escola 2026 – Xogando co Vento”, unha iniciativa liderada por Cataventos Escola de Vela co apoio de 7 concellos e de 14 centros educativos da comarca.

O acto de clausura celebrouse no Concello de Carnota, reunindo a representantes institucionais, centros educativos e entidades colaboradoras. Durante o programa, o alumnado tivo a oportunidade de aprender e desfrutar da navegación, achegándose ao mar dun xeito práctico e educativo.

Un proxecto que segue crecendo ano tras ano, consolidándose como unha proposta clave para conectar ás novas xeracións co entorno mariño.

O acto desta mañá reuniu aos alcaldes e representantes das localidades participantes: En representación de Stolt Sea Farm, Javier De Francisco, responsable de Relacións Institucionais; Raúl González Lado, alcalde de Dumbría; Francisco Jabier Domínguez Traba, alcalde de Corcubión; Francisco Javier Sar Romero, alcalde de Muxía; e Juan Manuel Saborido Rama, alcalde de Carnota; Merche Noceda, tenente de alcalde de Carnota; María Lestón, técnica deportiva de Carnota; Carlos Pazos, técnico deportivo de Corcubión.
​Algúns dos directores e profesores dos centros educativos participantes e o alumnado do CEIP do Pindo de 5.º de primaria de Carnota, compañeiros de clase da alumna Antía Canosa Vázquez gañadora do “8.º Concurso de debuxo da granxa mariña de Stolt”.

O alcalde de Carnota Juan Manuel Saborido e Javier De Francisco de Stolt con Antía

Este ano, os centros participaron foron: CPR Manuela Rial CEIP Vila de Cee (Cee); CEIP Santa Eulalia (Dumbría); CEIP Mar de Fora, CEIP Areouta, CPR Nª Señora do Carmen (Fisterra); CEIP Praia de Quenxe (Corcubión), CEIP Virxe da Barca, CEIP Vilarmide, CEIP Os Muiños, IES Ramón Camaño (Muxía); CEIP do Pindo, CEIP Plurilingüe de Carnota (Carnota) e CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña (Santa Comba).