O mar volveu entrar nas aulas na Costa da Morte
Un total de 380 alumnos e alumnas participaron este ano no programa “O Mar na Escola 2026 – Xogando co Vento”, unha iniciativa liderada por Cataventos Escola de Vela co apoio de 7 concellos e de 14 centros educativos da comarca.
O acto de clausura celebrouse no Concello de Carnota, reunindo a representantes institucionais, centros educativos e entidades colaboradoras. Durante o programa, o alumnado tivo a oportunidade de aprender e desfrutar da navegación, achegándose ao mar dun xeito práctico e educativo.
Un proxecto que segue crecendo ano tras ano, consolidándose como unha proposta clave para conectar ás novas xeracións co entorno mariño.
O acto desta mañá reuniu aos alcaldes e representantes das localidades participantes: En representación de Stolt Sea Farm, Javier De Francisco, responsable de Relacións Institucionais; Raúl González Lado, alcalde de Dumbría; Francisco Jabier Domínguez Traba, alcalde de Corcubión; Francisco Javier Sar Romero, alcalde de Muxía; e Juan Manuel Saborido Rama, alcalde de Carnota; Merche Noceda, tenente de alcalde de Carnota; María Lestón, técnica deportiva de Carnota; Carlos Pazos, técnico deportivo de Corcubión.
Algúns dos directores e profesores dos centros educativos participantes e o alumnado do CEIP do Pindo de 5.º de primaria de Carnota, compañeiros de clase da alumna Antía Canosa Vázquez gañadora do “8.º Concurso de debuxo da granxa mariña de Stolt”.
Este ano, os centros participaron foron: CPR Manuela Rial CEIP Vila de Cee (Cee); CEIP Santa Eulalia (Dumbría); CEIP Mar de Fora, CEIP Areouta, CPR Nª Señora do Carmen (Fisterra); CEIP Praia de Quenxe (Corcubión), CEIP Virxe da Barca, CEIP Vilarmide, CEIP Os Muiños, IES Ramón Camaño (Muxía); CEIP do Pindo, CEIP Plurilingüe de Carnota (Carnota) e CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña (Santa Comba).




