As praias de Lariño e Portocubelo, un pouco máis limpas gracias ao voluntariado

Limpeza en Lariño

Doble sesión de recollida de granulados acontecida esta tarde en Carnota. Pola mañá unhas 60 persoas que forman parte do Voluntariado Actúa de Afundación achegábase á praia de Lariño, mentres que pola tarde, unhas 30 persoas achegábanse á chamada de Javier Boquete nas redes e acodían á praia de Porto Cubelo.

Limpeza voluntaria de pellets en Portocubelo

Voluntariado Actúa de Afundación en Lariño

Pola mañá, preto de 60 persoas, principalmente estudantes do centro de Formación Profesional Colegio Hogar Afundación, convocadas pola Obra Social de ABANCA e o seu programa de voluntariado Actúa, participaron esta mañá nunha intensa xornada de limpeza na praia de Lariño, en colaboración co Concello de Muros.

En ambos casos, as voluntarias retiraron minuciosamente as pequenas bólas plásticas, empregando diversos utensilios como peneiras e coadoiros para poder cribar adecuadamente estes residuos de pequeno tamaño das areas da praia. Ademais, retiráronse tamén outro tipo de refugallos que adoitan a encontrarse nas limpezas de praias, como pequenos anacos de cordas, cabos e cabiños, tarugos plásticos das bateas, sedelas enmarañadas ou os restos de envases plásticos por citar tan só algúns dos máis abundantes.

De Lariño retiránrose máis de 135 quilos de refugallos, entre eles varias decenas de miles de bólas de PET que conseguiron quitar as persoas voluntarias durante o minucioso traballo de peneirado realizado.

Novas sobre os granulados

Artigos sobre os granulados