O Concello de Muros chega a un acordo coa aseguradora da empresa armadora e pon en marcha un dispostivo de limpeza de pellets
Así, unha empresa de limpeza contratou a 18 traballadores locais (facendo contratos a algunhas persoas que estaban indo de voluntarias a limpar ou mesmo a mariscadoras da confraría) para efectuar os traballos coa axuda dos voluntarios.
O Concello mantivo unha reunión Confraría de Muros unha reunión coa empresa de limpeza, representantes da confraría, voluntariado e
outras entidades civis para coordinar o operativo, e ás 15:00h da tarde o operativo xa estaba en marcha.
A alcaldesa asegura que “ante a inacción do resto das administracións decidimos buscar nós unha solución”. “Serán uns traballos tediosos e que levarán un tempo, porque dependen tamén de factores como as mareas, pero non podemos esperar máis, todas as praias do concello están afectadas”, explica María Lago.
Son necesarias unhas tarefas de prelimpeza das praias que farán os voluntarios, para despois encargarse a empresa de limpeza da retirada dos pellets.
Xornada formativa
Ademais, A asociación ecoloxista ADEGA convoca á poboación galega a participar en xornadas de formación para a limpeza da marea de pellets de microplástico procedentes que asola a costa galega.
Son varias as xornadas, a de Muros este día 10, e podes inscribirte neste formulario online.
Máis novas