Luns. 29.04.2024
El tiempo

Aprendendo a limpar os granulados

  • Piden que os Concellos sexan informados de cada limpeza, para poder coordinar as accións dos diversos colectivos sociais, públicos e privados.
Peneirando praias con ADEGA
Aprendendo a limpar os granulados

Este pasado mércores, a Asociación ADEGA arrincaba as xornadas formativas de limpeza en 4 praias do litoral galego, entre as que estiveron a de Lariño e a de Razo-Baldaio (estaba previsto unha praia en Fisterra pero non houbo xente suficiente). Unhas xornadas que “a diferencia doutras actividades que foron unicamente recoller, desta volta fixemos unha formación concreta para limpeza lixo mariño en xeral, para calquera limpeza en zona dunar, e para a limpeza destes pellets”, explica María Amigo, coordinadora da limpeza en Lariño,”coa idea que as persoas que xa teñan información teórica e práctica e poidan coordinar accións locais nas vindeiras datas”. Ademais de amosarlle o protocolo de actuación, despois explicaron as medidas concretas que hai que levar a cabo.

Limpando pellets da praia de Larino con ADEGA2
En Lariño

En Lariño foron unhas 10 persoas a que particaron na sesión. Despois dunha charla teórica, explicaron que o mellor xeito é capillar cun cepillo e un recolledor de man a zona onde a area mollada estea máis compactada, botallo nun capacho con auga, e recoller cun coador os granulados que quedan a flote. “Non é un método selección moi efectivo, porque van cousas orgánicas pero barrer praias ten estas cousas”, explica con ese sentimento de frustración común a propia Amigo ante a indefensión cidadá con esta marea de plástico.

Limpando pellets da praia de Larino con ADEGA
Voluntari@s de ADEGA en Lariño

Duplicidade en Razo

27 persoas na limpeza formativa de pellets de Razo
Voluntariado en Razo

Ata 27 persoas apuntáronse en Carballo para facer a limpeza formativa en colaboración co Concello que puxo un contedor específico para o granulado. Tecolleuse moito lixo, moito plástico, máis que pellets, que “é un traballo pouco agradecido”, recoñece Vero Torrijos, a coordinadora da xornada.

Charla formativa de ADEGA sobre recollida de Pellets

Pero a xornada tivo unha vicisitude. Cando chegaron á praia de Razo, xa estaban os operarios de Tragsa, polo que a comitiva de ADEGA tivo que trasladarse á Pedra do Sal-Baldaio. Torrijos que debería haber un protocolo que se coordine dende os Concellos, para que saber que traballos se fan cada día, ou se hoxe xa se limpou pola mañá esta ou estoutra zona.

Con todo, dende ADEGA piden que a accións coordinadas polas administracións como esta de Tragsa, ou as que en Muros está desenvolvendo o Concello cunha brigada contratada pola aseguradora da armadora do buque, non son excluíntes de aceptar voluntariado.

Nova limpeza formativa o sábado en Carballo

O sábado en Carballo, a Asociación ADEGA organiza unha nova limpeza de formación do voluntariado para a recollida de pellets de plástico. As persoas interesadas en participar nestas accións de voluntariado formativo de ADEGA deberán inscribirse a través do seguinte formulario:

Máis novas sobre o granulado

 

Comentarios