Luns. 06.05.2024
El tiempo

Personalidades nas redes sobre o cambio de conciencia medioambiental: “O mar está feito unha merda”

Pellets microplasticos Quilmas 12 copia
Algúns influencers da zona compartindo vídeos sobre o granulado
Personalidades nas redes sobre o cambio de conciencia medioambiental: “O mar está feito unha merda”

Inseridos de cheo na catástrofe medioambiental dos pellets de plástico (a RAG recomenda chamalos “granulado”), son varias as persoas que están conseguindo mobilizar a cidadanía a través das redes sociais os que queren chamar á atención sobre un cambio na conciencia medioambiental da nosa sociedade.

Falamos por exemplo de @javierboquete, o zaseiro aficando en Carnota que conseguía xuntar 150 persoas na praia de Boca do Río o pasado domingo a través das redes (e que convoca á veciñanza a facer unha limpeza este xoves 11 ás 15:30h na praia de Porto Cubelo, Lira), lembra que “levamos anos despreciando o mar en Galicia e agora todavía se agrava máis. Necesitamos un cambio de conciencia e educar as nosas nenas e nenos desde o respeto á terra e ao mar. Ese é o verdadeiro cambio que debe chegar, e este é o verdadeiro obxectivo que perseguimos todos os voluntarios que estamos a traballar estes dias en recollidas”.A artesá-cerbeira María de Dina, de @lixo-atelier está sendo a que mellor cronista da catástrofe, día tras día ao pé da situación.

Tamén o surfeiro internacional @ guillermocarracedo westá moi comprometido na cusa, e non para de subir vídeos sobre a situación do seu areal fetiche: Area Maior.

Os compañeir@s da comunidade @orgullo.galego reflexiona tamén sobre a crise medioambiental que vivimos en Galicia.

Tamén o mariñeiro da Barbanza @ogeliosantosqueiruga lanza un SOS polo continio estado do noso litoral, igual que o leva facendo a científica nioesa @ blondiemuser como unha das primeiras instagramers que viralizou a catástrofe.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by @anxobeiro

Máis novas

Comentarios