Limpade vós… Limpádevos
V I I I
Notas viejas galicianas
por don Pablo Pérez Costanti, archivero del Excmo. Ayuntamiento de Santiago; de las Reales Academias Gallega, de la Historia y de Bellas Artes de San Fernando.
AÜNQUE amantes en grado sumo de su patria chica, no han atendido los gallegos, tanto como los de otras partes de nuestro territorio, al estudio de su propia evolución regional a través de los siglos.
"Todos los Reynos y ciudades de España —escribía Pellicer al Concejo compostelano hacia 1658— se hallan hoy con Historias impresas; sólo el de V. S. sin ella." Y todavía en 1715 el presbítero don Antonio Paredes Ponte y Andrade se ofrecía a La Coruña, estimulándola para hacer la exposición de las glorías de Galicia en lo pasado : "¿ Hemos de ser nosotros menos que las otras provincias del Orbe, teniendo por ventura que hablar si no más, tanto como ellas?... Alentémonos a hacer lo que todos, porque no se diga que somos como ninguno ; desterremos aquella vulgaridad castellana que dice no somos gente; borremos ya con nuestra pluma aquella indecorosa nota de bárbaros que el erudito Mariana nos impuso."
Semejantes excitaciones y buenos propósitos iban quedando sin resultante útil...
E así che foron e che son as cousas. O drama galego,pobo que sempre precisa que o representen ou validen outros. Pero non pasa nada....xa nos representa o "grupo mixto", no Parlamento Hespañol. Un só... Rego.
Non temos nin grupo propio porque Galicia vota Castela.
Xa chegaron os "peles"a Carnota... a toda a Galicia Costeira e a Xunta dí que se enterou fai dúas semanas. Basicamente o que quer decir e que a Xunta non se entera de nada. Non fai o seu traballo de protección e vixilancia das nosas costas.
Por outra banda a reacción de Costas é a de que limpemos nós.
A reacción da Xunta é a de que limpemos nós.
Non vaia ser que lle demos o coñazo... o mar é grande.
A pregunta inevitable que cabe facerse é para que sirven... sirven para non sentirse responsables de nada, nunca. A culpa é de Sanchez. Rueda que Rueda la Rueda de la Vida. Que fatiga…
Cando o "desprestixio" Prestixe... andaban de caza,pegando tiros a mansalva como vellos patriotas. Viñeron e repartiron cartiños e muita xente decía... "fasía falta outro Prestixe"... así somos e eles sábeno. Esta docilidade cidadán... esa que só fai cidade… fai que non podamos contar muito con eles... con eses só contamos no verán... faime gomitar.
Pero na contra está o paisano... ese que fai país.
Yo limpiar... yo pastorear... yo cuidar... Yo alimentar... TU DISFRUTAR.
De seguro que algúns cidadáns baixarán a axudar... pero mañá ten que marchar.... os que non baixan nin protestan... xa se sabe…
Baixo todalas mañans á praia e non a de Copacabana, á de Carnota.
A cantidade de plástico mistúrase cos despoxos de arroases, mascatos, medusas, corvos mariños... onte atopamos un bidón de aceite para pistóns de 200lts. Subímolo ós motroncos.
Ó final dirán que o politizan todo para aproveitalo como rédito electoral... e xa está... pringados todos. O mar é a nosa base de alimento natural, comida da que tanto presumimos e exaltamos como de calidade superior... diante dos de fóra.
Os nosos mariñeiros percorreron os mares todos do mundo... non os hai millores... pero cambiaron as nasas de madeira polas de plástico, máis baratas... fai un ano contei nun só día 276 espalladas pola ribeira adiante, entre Caldebarcos e a Boca de Riu.
Aí nese pequeno anaco de praia acontece todo o que acontece no mundo; é un pequeno mundo no que se aventura cara a ónde vai o mundo. Estamonos envenenando. Merda.
Xa o dixen máis veces. A industria alimenticia ten un problema, plastifica todo… envasa todo en plástico. Bueno, en realidade o problema pásannolo a nós, que chegamos á casa e vemos como o caldeiro de basura se enche en dous segundos co seu plástico basura.
Alí van as bandexiñas, as bolsas de patacas frixidas cheas de aire, os guantes para coller a fruita que somos mui limpos, o envasado do xamón, todo envase de vacío, as leitugas, a comida prefabricada, as bebidas do azucre, a mesma auga embotellada, os iogures, o queixo, os conxelados, o aceite refinado e sen refinar... e agora toca a xoguetería toda de plástico, o que se vende en cantidades industriais nos dias de reis, os compoñentes da tecnoloxía... mesmo os invernaderos dun mar de plástico que ilusiona dende o satélite a todo marciano que esté atento.
Sabedes que podo seguir... mais non quero.
Repito... modelo urbano… o modelo de consumo. Sodes guais... sodes cosmopolitas... pero o voso modelo perxudícanos a nós. Tu beneficio es mi perjuicio.
As administracións levan mirando para o mar como se miraran para unha leira chea de silvas. Xa a limpará o dono. E se non limpa... multa.
Pero... quen é o dono do mar?... os mariñeiros?.... as matanzas que glorifican os bandullos cheos cas degustacións dos "produtos do mar" que tan felices fan a uns e a outros?... quen limpa o mar... a quen se lle pon a multa?
Esto xa leva pasando muitos anos... pouquiño a pouquiño.... outra ves teño ganas de gomitar pero voume conter.
En definitiva... gracias a todos os que pon o tempo e as mans para limpar o que outros lixan... unha tensión permanente que nos estoupa nos morros cada certo tempo e que algún día, a este paso, creará un altercado que xa non poderemos controlar. Mentras tanto... cumbres borrascosas nas cumbres climáticas onde so podemos decidir de que xeito se nos cociña... se frixidos ou ao vapor.
Alguén lle chamou Revolución Industrial á Revolución da Comodidade.
Ánimo Xunta.. .contamos contigo. Somos todos galegos... de algo valerá?
A VIÑETA DE NANDO LESTÓN
NOVAS RELACIONADAS
- Taller Mar (Movimento Artístico Rural)
- “Cando ti non estás”, a colección de estampas de Caldebarcos que expón Nando Lestón
MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC
- Garamendi.
- Mi querida Babel
- Un novo Deus... Abalado sexa
- Madrí, rotonda de Hespaña.
- No país dos cegos o torto é o rei
- Letras
- SALVE CARNOTA.
- Entre ideoloxías anda a probe vida
- Ser pintor na Costa-Verdescente da Morte.
- Turismo global. Unha pandemia máis.
- Orxías culinarias.
- ASPAFIN, a Asociación de Pacientes do Finisterrae.
- La grande belleza... y la grande torpeza