Os rebrotes cancelan tamén a reecidión da Mostra Víndemo Ver que se ía celebrar en outubro

Imaxe da Mostra Vindemo Ver de Carnota do pasado ano

En Semana Santa, dende logo non puido ser. Pero o Concello de Carnota propuña outubro como nova posible data para a Mostra Víndemo Ver. Unha posibilidade que se esfuma coa cantidade de rebrotes que estamos vivindo na provincia da Coruña.

Deste xeito, o Concello anuncia que “non se quere arriscar e decídese anulala, coa esperanza de que no vindeiro ano 2021 se poida celebrar coma se viña facendo ata o de agora”.

Novas relacionadas