Rescatan unha turista francesa que sufríu un accidente subindo ao Monte Pindo
09:07 01/08/26
Esta pasada tarde, unha turista francesa que realizada unha ruta de sendeirismo sufriu un accidente que lle produxo unha lesión forte nun nocello cando estaba preto da Moa. Ante a imposibilidade de acceder por medios terrestres, a AXEGA enviou o helicóptero Pesca 1, con base en Vigo (o outro helicóptero con equipamento para facer un rescate destas características ten base en Celeiro).
Tralo complicado rescate, foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo helicóptero.

