Venres. 29.05.2020
El tiempo

CANCELADA: Carnota vestirase de época para a Mostra de Promoción Local Víndemo Ver

  • 13-03-2020: O Concello de Carnota decide suspender a Mostra Víndemo Ver
CANCELADA: Carnota vestirase de época para a Mostra de Promoción Local Víndemo Ver

Está por ver como afecta o coronavirus na Semana Santa. Pero polo de pronto os concellos da comarca van presentando as súas propostas. A Mostra do Encaixe segue ofrecendo novidades, por Fisterra xa arrecende a procesións… e por Carnota xa está listo o programa da IX Mostra de Promoción Local Víndemo Ver.

Unha das citas que mellor pon en valor os nosos produtos, a nosa cultura, as nosas tradicións, a nosa gastronomía… facendo que durante 4 días haia concertos, maxia, obradoiros, showcooking, artesanía, etc…

A gran novidade é que Carnota engalanarase para a cita. A praza do Concello converterase no escenario dun mercado de principios do século pasado. Esa icónica imaxe das leiteiras de Ruth Matilda Anderson que ilustra o cartel é unha boa guía, trasladándonos a un mundo onde o agro, a pesca e a gandería eran os principais recursos e modos de vida.

Así quen visite Carnota durante os días 10,11 e 12 de abril atopará 3 zonas diferenciadas: unha carpa dedicada a artesanía, outra dedicada aos produtos do agro, ha horta, ecolóxicos e de proximidade e outra dedicada á gastronomía con showcookings e demostracións de destacados restaurantes da zona. Tamén se dispoñen ao longo da feira postos de bebida e comida ambulante onde poder degustar comida ao aire libre.

Actividades paralelas

O evento conta ademais cunha ampla oferta de actividades paralelas:

• eventos deportivos: andaina e BTT
• actuacións teatrais: “Raigame” e a “recreación do camiño das leiteiras”, da man de Ximiela.
• Actividades infantís: Xogos tradicionais, Maxia á feira co Mago Romarís, Xogos xandobeleira e brinquedo.
• Obradoiros: Coiro e queixos.
• Showcookings: Sushimakers, Morada da Moa, A Muradana, A Morosa, Lidia Ferreras e Granxa Moreira e Panadería Rodolfo.
• Música: Gaiteiros de San Mamede, As pandereteiras de O Rumial, Charanga Santa Compaña.
• Concertos: DE VACAS e A BANDA DA BALBINA.

Programa da Mostra de Promocion Local Vindemo Ver Carnota 2020

Novas relacionadas

comentarios