Mércores. 01.05.2024
El tiempo

A cidadanía volverá saír á rúa polo Primeiro de Maio

A cidadanía volverá saír á rúa polo Primeiro de Maio
Concentracion polo 1 de maio en Ceee-CIG

Volverá saír á rúa a cidadanía (algo pasa cando todas as semanas hai manifestacións públicas de rexeitamento social) neste novo Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira. É a CIG a que convoca unha nova concentración ao longo de todo o país, para segur dándolle seguimento á campaña en demanda da derrogación das sucesivas reformas antiobreiras e antisociais aprobadas co pretexto da crise.

A CIG concentrarase baixo o lema “Pola recuperación dos nosos dereitos. Contra a pobreza e a precariedade. Na Galiza, emprego, salarios e pensións dignas” e fai un chamamento a camiñar cara a unha folga xeral “no convencemento de que é a resposta necesaria” ante a situación que estamos a vivir.

A CIG ten convocadas 13 mobilizacións por toda Galiza, e no caso de Cee haberá unha concentración na Praza do Concello ás 12:00 horas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios