Xoves. 09.05.2024
El tiempo

A AECC de Cee prepara o Xantar Solidario aprendendo a coidarse

AECC de Cee con Iria Villar
A AECC de Cee prepara o Xantar Solidario aprendendo a coidarse

O pasado xoves, no auditorio do Concello de Cee, tivo lugar unha charla esclarecedora baixo o título "Aprendendo xuntos contra o cancro", impartida por Iria Villar, técnico de prevención da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). A súa exposición abordou a realidade actual da enfermidade, incidindo nos tipos de cancro máis frecuentes na nosa provincia, os factores de risco e as medidas preventivas para mitigar a súa aparición.

AECC presentación em Cee

Iria Villar destacou a importancia dos programas de cribado que leva a cabo o SERGAS, animando á poboación a participar neles. Ademais, presentou os servizos e programas que a AECC ofrece para apoiar tanto a pacientes como a familiares afectados polo cancro, resaltando a importancia do coñecemento destes recursos e do apoio á investigación como piares fundamentais na loita contra esta enfermidade.

A xornada serviu para anunciar IV Xantar Solidario da AECC en Cee, que organizan o día 17 de maio. As entradas estarán nos puntos de venda, a partir do 2 de maio (Panadería do mercado e no Centro Social en Cee). 

Cee_cartel_comida_17mai24-2

Comentarios